sábado, 1 de junio de 2013

O SARXENTO MANOLO


Nunha noite fría e escura, de sombras tenebrosas e de espíritos; cumpríase a medianoite na rúa Pai Crespo de Redondela, e para sorpresa de todos os veciños, no número 69 desa mesma rúa, caía  unha incesable e ruidosa tormenta na casa encantada, pouco a pouco ía facéndose máis e máis grande .
De súpeto un lóstrego xigantesco iluminou a parte alta da casa; nese intre apareceu a terrible  pantasma do señor Manolo, un sarxento das tropas da primeira guerra mundial que morrera asasinado polos seus opositores: Antón, Xosé, Xoan , Anxo e Brais que eran do outro bando e vivían no seu mesmo pobo .
Esta historia comezou cando o sarxento, que era coñecido pola súa falta de sentimentos, cada  noite mataba a algún familiar destes veciños, soamente por ter outras ideas .
Un día 2 de novembro ás doce da noite, o sarxento Manolo matou a filla de Antón que tiña 4  anos. A mañá seguinte os seus veciños atoparon a nena colgada do campanario . A noite seguinte, a esa  mesma  hora,  matou á prometida de Xosé, que apareceu afogada na fonte do pobo . 
O sarxento seguiu así matando cada noite a un familiar dos opositores, sen que ninguén soubese que era el o dos asasinatos, ata que o día 5 de novembro, cando ia matar a irmá de Brais, un veciño viuno todo e delatouno.
Os veciños reuníronse e os familiares dos falecidos decidiron ir facer xustiza e matar ao sarxento Manolo, pero antes de facelo dixéronlle que a súa alma non descansaría nin de vivo nin de morto polas maldades que fixera .
Dende entón tódolos anos, do día 2 ao 5 de novembro ás doce da noite, pódese ver a pantasma do sarxento aparecer deambulando pola súa  casa en busca de descanso .

Por Isaac Alfonso Rodríguez 
"O Picasso dos contos" 

No hay comentarios: