viernes, 31 de mayo de 2013

Poema de amor para Marica Pendella



O burro Feldespato
triste como un pato.

Ven Marica Pendella
coma unha centella.
               
El ve a estrela
e morre por ela.

Feldespato triste e namorado
comprou un polo xeado.

O burro espera unha valla
coma Marica Pendella.

Marica ten un xirasol
ao que lle da o sol.
                                                             
Marica pendella comprou un solar
que está ao lado do mar.

Marica navega nun barco
polo gran arco.

Marica Pendella ten amor
polo burro traballador.

Carla Domínguez 6º

miércoles, 29 de mayo de 2013

HORACIO, O DO BASURERO


Hai moitos anos, nos montes de Reboreda, había un vertedoiro a onde se levaba todo o lixo da zona. Alí estaba sempre un home que se chamaba Horacio.  Era un home bo, pero non estaba moi ben
da cabeza.
Contan os avós, que collía cacharros, colgábaos da cintura e paseaba con eles pola estrada de Reboreda. Fixo unha casa no vertedoiro con cartón e paos de eucalipto e moitas veces durmía alí. Enfadábase moito cando algún coche lle tocaba a bocina ou cando alguén se metía con él, entón tiráballes pedras.
Era moi coñecido por todos os veciños, pero os nenos tíñanlle un pouco de medo, porque sempre lles dicía algunha cousa cando pasaba a carón deles. Agora desapareceu o vertedoiro do lixo e con él tamén Horacio, porque xa non se volveu a ver mais por aquí.Pero aínda se segue falando en moitas casas de “Horacio, o do Basurero”

            Alex Barros 6º

viernes, 24 de mayo de 2013

POEMAS


GALICIA E ANDALUCÍA (Terras dos meus pais)

Galicia non quero que te insulten
non é cousa de riña
pero se te queren
é cousa miña.

Galicia a nosa terra 
é pequena e acolledora,
se ti a queres
se a súa coidadora.

O sitio onde acurrucarse,
Galicia non é celosa
Galicia,Galicia, non vai marcharse
e por suposto non digas que non é fermosa.

En Andalucia vai calor,
pasámolo ben no verán,
tamén no inverno
e se vas, as portas che abrirán.

Amamos o verán,
coa súa auga e o calor.
Amamos o inverno,
cos regalos e o amor.

Tanto Galicia como Andalucia
para min son unha beleza,
se te vas mudar,
pensao ben coa cabeza.


IRIA FORTES DACOSTA- 6ºA